Cover

Esiankiki quere ser maior, coma todos os nenos da súa tribo, pero para iso terá que intentar cazar o león! Poderá conseguilo? A que lugares a levará a súa lanza? A viaxe cara a vida adulta de Esiankiki vai ser máis longa do previsto!

Valores implícitos:

superación. Ter iniciativa. Tolerancia.

illustration

 

 

La casita esdrújula

© do texto: Antía Cons Pequeño

© deseño e corrección: Equipo BABIDI-BÚ

© desta edición:

Editorial BABIDI-BÚ, 2022

Avda. San Francisco Javier, 9, 6ª, 23

Edificio Sevilla 2

41018 - SEVILLA

Tlfn: 912.665.684

info@babidibulibros.com

www.babidibulibros.com

ePub: booqlab

Primeira edición: maio, 2022

ISBN: 978-84-19339-84-3

Todos os dereitos reservados

illustration

illustration

O Sol era unha esfera resplandecente no ceo aquela mañá. E sorte que así era, pois un feito moi importante ía ter lugar ese mesmo día: hoxe era o día no que os nenos da aldea pasarían de ser cativos a ser adultos!

Era uns dos rituais máis importantes do seu pobo, e como tal, unha gran festa preparábase dende facía semanas. Os nervios e a ilusión estaban presentes dende facía días, e algúns adultos non deixaban de dar consellos aos nenos cada vez que se cruzaban cun deles ou durante as horas das comidas.

Esiankiki erguérase esa mañá de bo humor, pero non tardou en lembrar que os seus amigos e irmáns maiores ían saír ese día á caza do león, o ritual que os convertería en homes e lles permitiría tomar decisións dentro da poboación dese día en diante. Pero non era por iso polo que o seu humor era tan distinto do do resto da xente.

O problema era que Esiankiki non entendía por que soamente os varóns tiñan dereito a vivir tal aventura. Ela era tan boa coa lanza coma calquera dos seus irmáns! E, para ser honesta, moitas veces tiña máis cabeza ca eles.